martes, 21 de septiembre de 2021

NOVO DÍA, UNHA SEMANA MÁIS QUE CONTA!!



Boa tarde rapaces bonitos!! Como levades estes días na casa?? Seguro que malia que costou acostumarse un pouco ao principio, agora estades encantados de ter tempo para estar en casa coas familias (ni que non vos chegara o verán, eh pillíns??)

Qué ganas de vos achuchar ben forte, e enchervos a bicos!!

Só decirvos que no LiveWorksheets tedes tarefiñas asignadas. Hoxe, nos cadernos de Lengua Castellana, Coñecemento e Matemáticas. Son para ir facendo, cando teñades tempo.
Aquí vos queda o enlace para acceder á zona de estudiantes: 

TAN SO ME QUEDA DEXESARVOS INFINITA LEDICIA E DISFRUTE.

TRILLÓNS DE BICOS RAPACES LINDOS!!  Bitmoji Image


viernes, 17 de septiembre de 2021

DESCRIBIMOS

Ola bo diaaaa!!!
Cómo levades a semana?? Xa estamos a venres, FINDEEEE. Iupiiiiii!!!!! Aproveitádeo moito para coller folgos, que a semana que vén ha de vir cargadiña.

Hoxe quero propórvos un exercicio de observación. 
Escollede unha ventá das vosas casas, mirade todo ben, detalle por detalle; que vedes, que hai cerca, que hai ao lonxe, que forma ten o que vedes, de que cores son... Espreitade con moito tino todo.
Agora alonxádevos da ventá, sentádevos cómodos nunha cadeira diante do voso caderno, e contádenos todo o que vistes. Non se trata de facer unha lista de cousas, senón de que cando eu, e os vosos compis lean o que escribistes poidamos pechar os ollos e imaxinarnos o que nos contades.
Cando o teñades escrito, rétovos a lle pór un título chulisisisisisimo con letras en maiúsculas e decorado como queirades.
Por último, na páxina seguinte do caderno, ou nun folio a parte: volvede á ventá e debuxade o que estades a ver. Dádelle cor. 
Agora volvede a ler o que escribistes, desta volta fixándovos no voso debuxo, parécese? si ou non? esquecerades algo? cambiou algo? Contádello a papá ou mamá (ou demáis compañía)

Traballaremos así, a expresión escrita, o uso de adxectivos, a memoria e a atención, así como a reflexión e a autopercepción das nosas capacidades. 

ESTADES LISTOS E LISTAS?? POIS IMOS ALÓ:



Ei!!, e agregade as vosas tarefas en Classroom para que eu despois poda colgalas no blog e chulear delas!!!

jueves, 16 de septiembre de 2021

BENVIDA

ESTREAMOS BLOG PARA ESTE ANO ESCOLAR!!!! 
BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!!

COMEZAMOS CURSO ESCOLAR E FACÉMOLO UN POUCO A CABALO ENTRE A CASA E O COLE...COAS GANAS QUE TIÑAMOS DE NOS VOLVER A XUNTAR COS AMIGOS E AMIGAS E CONTARNOS TODAS AS AVENTURAS DO VERÁN!!! 
ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A VERVOS NA AULA!! ESPERÁMOSVOS PARA SEGUIR COÑECÉNDONOS, CONTANDO HISTORIAS, RINDO ENTRE TODOS, COMPARTINDO MOMENTOS E CREANDO LEMBRANZAS
VOLTADE DESEGUIDO, IMOS ALÓ!!