Ola bo diaaaa!!!
Cómo levades a semana?? Xa estamos a venres, FINDEEEE. Iupiiiiii!!!!! Aproveitádeo moito para coller folgos, que a semana que vén ha de vir cargadiña.
Hoxe quero propórvos un exercicio de observación.
Escollede unha ventá das vosas casas, mirade todo ben, detalle por detalle; que vedes, que hai cerca, que hai ao lonxe, que forma ten o que vedes, de que cores son... Espreitade con moito tino todo.
Agora alonxádevos da ventá, sentádevos cómodos nunha cadeira diante do voso caderno, e contádenos todo o que vistes. Non se trata de facer unha lista de cousas, senón de que cando eu, e os vosos compis lean o que escribistes poidamos pechar os ollos e imaxinarnos o que nos contades.
Cando o teñades escrito, rétovos a lle pór un título chulisisisisisimo con letras en maiúsculas e decorado como queirades.
Por último, na páxina seguinte do caderno, ou nun folio a parte: volvede á ventá e debuxade o que estades a ver. Dádelle cor.
Agora volvede a ler o que escribistes, desta volta fixándovos no voso debuxo, parécese? si ou non? esquecerades algo? cambiou algo? Contádello a papá ou mamá (ou demáis compañía)
Traballaremos así, a expresión escrita, o uso de adxectivos, a memoria e a atención, así como a reflexión e a autopercepción das nosas capacidades.
ESTADES LISTOS E LISTAS?? POIS IMOS ALÓ:
Ei!!, e agregade as vosas tarefas en Classroom para que eu despois poda colgalas no blog e chulear delas!!!